“Adiós
ríos adiós fontes, adiós regatos pequenos, adiós vista dos meus ollos non sei cando
nos veremos”. Rosalía de Castro escribía,
fai 150 anos en Cantares Gallegos, estes versos de despedida. A escritora
reflexou, neste e noutros poemas, o drama da emigración. A fuxida dos nosos
compatriotas cara o estranxeiro para buscar un traballo.
Galicia
foi terra de emigración, como o foi Irlanda, e precisamente dende alí uns
cativos entonan os versos da poetisa de Padrón en inglés, gaélico e
galego. Nenos que naceron nunha terra con
grandes similitudes coa que me viu nacer a mín pero que, na actualidade, ten unha grande diferencia; mentres en Irlanda a emigración é historia aquí, en
Galicia, é presente. E alí, unha profesora galega fixo posible que
eses pequenos irlandeses entonaran os versos de Rosalía. “Non
me olvides, queridiña,si morro de soidás...tantas légoas mar adentro...¡Miña
casiña!,¡meu lar! “
No hay comentarios:
Publicar un comentario