martes, 4 de septiembre de 2012

A POLÍTICA NAS REDACCIÓNS


Contan que alá pola década dos ciencuenta cando a televisión chega a España, desde o chalé do Paseo de La Habana (primeira sede de TVE en Madrid), ao réxime de Franco non lle gustaba moito o novo invento. Aínda así, e xa desde o primeiro momento, o novo medio de comunicación tivo unha moi boa aceptación por parte da cidadanía.
Nacía unha nova forma de entretenemento, e tamén, unha nova forma de información que complementaba ao NODO, o noticiario que se emitía nas salas de cine antes de comezar a película, e que contaba todas as novas, cociñadas, eso sí, polo goberno da dictadura.
Nun primeiro momento Televisión Española utilzaba a imaxe do locutor que transmitía as novas que saían nos informativos da radio (os chamados “partes” de Radio Nacional de España), “Diarios Hablados” que foron de obrigada emisión en todas as emisoras ata a transición.
Pouco despois os informativos da televisión pública empezaron a facer información propia, con imaxes das noticas gravadas polo propio persoal do Ente Público. Pero aínda así, a man do goberno do Xeneral Franco estaba presente nas redaccións. O goberno comprendeu deseguida a importancia do novo medio de comunicación.
Chegada a transición e o paso cara a democracia, a política non abandonou as redaccións dos medios públicos. UCD, PSOE ou PP mantiveron o control do Ente (hoxe chamado Corporación). Políticos foron directores xerais e directores da radio e da televisión pública, e todos, procuraron que as informacións axudaran sempre ao partido gobernante. Nin foi RTVE obxetiva con UCD nin co PSOE nin moito menos co PP na lexislatura de Aznar (todos lembramos a sentenza pola información da Folga Xeral do 20 de xuño do 2002 ou o tratamento do desastre do Prestige, en tempos de Urdaci).
Fai uns días o goberno do Partido Popular “tomou” de novo RTVE, destituiú á cúpula anterior para poñer neses postos a persoal de confianza. Unha mágoa, xa que os informativos de RTVE conseguiran, nos últimos anos, ser líderes de audiencia, e o que é máis destacado, unha alta credibilidade. A triste costume de poñer xente da confianza do político de turno volve a estar presente.
Eugenio Scalfari , director fundador do diario italiano La Repubblica, definiu ao xornalista como: “xente que lle conta á xente o que lle pasa á xente”; desgraciadamente desde os medios públicos os políticos séntanse nas redaccións para que o xornalista oculte ou conte, á maneira que o goberno quere, o que lle ocorre a xente.