Contan que alá pola década dos ciencuenta cando a televisión
chega a España, desde o chalé do Paseo de La Habana (primeira sede
de TVE en Madrid), ao réxime de Franco non lle gustaba moito
o novo invento. Aínda así, e xa desde o primeiro momento, o novo
medio de comunicación tivo unha moi boa aceptación por parte da
cidadanía.
Nacía unha nova forma de entretenemento, e tamén, unha nova forma
de información que complementaba ao NODO, o noticiario que se
emitía nas salas de cine antes de comezar a película, e que contaba
todas as novas, cociñadas, eso sí, polo goberno da dictadura.
Nun primeiro momento Televisión Española utilzaba a imaxe do
locutor que transmitía as novas que saían nos informativos da radio
(os chamados “partes” de Radio Nacional de España), “Diarios
Hablados” que foron de obrigada emisión en todas as emisoras
ata a transición.
Pouco despois os informativos da televisión pública empezaron a
facer información propia, con imaxes das noticas gravadas polo
propio persoal do Ente Público. Pero aínda así, a man do
goberno do Xeneral Franco estaba presente nas redaccións. O goberno
comprendeu deseguida a importancia do novo medio de comunicación.
Chegada a transición e o paso cara a democracia, a política non
abandonou as redaccións dos medios públicos. UCD, PSOE ou
PP mantiveron o control do Ente (hoxe chamado
Corporación). Políticos foron directores xerais e directores
da radio e da televisión pública, e todos, procuraron que as
informacións axudaran sempre ao partido gobernante. Nin foi RTVE
obxetiva con UCD nin co PSOE nin moito menos co PP
na lexislatura de Aznar (todos lembramos a sentenza pola información
da Folga Xeral do 20 de xuño do 2002 ou o tratamento do desastre do
Prestige, en tempos de Urdaci).
Fai uns días o goberno do Partido Popular “tomou” de novo
RTVE, destituiú á cúpula anterior para poñer neses postos a
persoal de confianza. Unha mágoa, xa que os informativos de RTVE
conseguiran, nos últimos anos, ser líderes de audiencia, e o que é
máis destacado, unha alta credibilidade. A triste costume de poñer
xente da confianza do político de turno volve a estar presente.
Eugenio
Scalfari , director fundador do diario italiano La
Repubblica, definiu ao xornalista como: “xente
que lle conta á xente o que lle pasa á xente”;
desgraciadamente desde os medios públicos os políticos séntanse
nas redaccións para que o xornalista oculte ou conte, á maneira que
o goberno quere, o que lle ocorre a xente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario