domingo, 17 de febrero de 2013

UN MES DESPOIS



Poucos minutos pasaban da medianoite. Comezaba unha nova semana do primeiro mes dun novo ano impar. Un ano trece, para algúns, número de mala sorte. Sí, mala sorte, dúas palabras que definen moi ben o sucedido. Orfos da túa presenza nos deixaches. Sei que non querías marchar, aínda que te deras conta que cabía esa posibilidade. Abandonáchenos nun xaneiro gris. A túa mirada desprendía un sentimento de tristura que intentabas ocultar.
Fuches unha persoa especial. Amiga dos teus amigos, que eran moitos, e pilar fundamental dunha familia unida. Esa familia que continúa chorando a túa ausencia, que non é capaz de racionalizar a túa viaxe eterna. Que mira cara un sillón abandonado, lugar no que estará sempre presente o teu corpo aínda que non o podamos ver.
Seguimos escoitando o timbre cando regresas de tomar o café coas amigas. E vémoste camiñar, con paso firme, pola rúa do Paseo ou polo Parque de San Lázaro e camiñarás, para sempre, pola Palma en Baiona tódolos agostos. Non te esqueceremos nunca. Algún día voltaremos a estar xuntos, é lei de vida, e compartiremos a mesma morada, para a eternidade.