A crise é a responsable directa pero, de forma indirecta, están tamén as fracasadas inversións realizadas nos últimos anos tanto dentro coma fóra do país.
Os medios públicos tampouco se salvan da queima, e dá a sensación que serán éstes os que carguen coa responsabilidade dos recortes das administracións. Parece que as televisións e radios públicas son os grandes sacos sen fondo culpables do déficit das administracións. Non digo que non haxa algo de verdade, pero antes de actuar haberá que tentar probar cunha nova xestión pública dos medios antes de privatizalos coma estación intermedia cara ao peche, sobor de todo aqueles que, coma a CRTVG, serve a unha nacionalidade histórica coa súa propia cultura e lingua.
Horas baixas para o xornalismo.