Moitas veces a realidade que vivimos non nos gustaría vivila, pero coma aínda non se inventou a vida interactiva, é dicir, que teñamos a posibilidade de a través de un mado a distancia poder cambiala ao noso antoxo, seguiremos vivindo o que nos toca vivir en cada momento.
Precisamente o instante no que estamos a vivir agora, sería un deses momentos nos que faríamos un clic no mando e cambiaríamos a programación.
Aínda que se dixo que tocaramos fondo neso da crise, parece que non é así e teremos que esperar un pouco máis sufrindo esta situación.
A pena é que despois de observar a evolución desta situación económica de crise, que quedará reflexada nos libros de historia á mesma altura que a dos anos vinte do pasado século, podemos sacar unha serie de conclusións.
A primeira é que os gobernos teñen cada vez menos marxe de maniobra e son ,por exemplo, as axencias de calificación de débeda, esos chiringuitos que dende unha oficina no centro de Manhattan xogan ao Monopoli coa economía dos países, as que teñen a tixola polo mango.
A segunda que un dos grandes responsables da crise, o sector financeiro, que aínda leva o lastre dos impagos producidos pola compra de productos lixos, entre outras cousas, compórtase dunha maneira que se pode calificar de avaricia elevada a última potencia. Seguen intentando ofrecer os máximos beneficios de espalda a economía do país e, en moitos casos, facendo uso das axudas económicas do goberno.
Nesta segunda idea quero insistir xa que o que estamos a vivir neste país dos dous mares, nesta esquina da panínsula ibérica é polo menos, de xulgado de garda. Falo, seguro que o lector xa se deu conta, das insultantes prexubilacións da antiga Novacaixagalicia. Primeiro faremos unha breve incursión na historia recente das caixas que nos servirá para poñernos en antecedentes e poder falar con máis propiedade. Novacaixagalicia nace da fusión de Caixa Galicia e Caxanova, dúas entidades que se formaron pola fusión ou absoción doutras (Caixa Ourense, Caixa Pontevedra, Caixa de Santiago, da Coruña, etc). Nos últimos anos as caixas deixaron de adicarse ao que eran polo seu nome, é decir caixas de aforros, e fixeron o traballo coma se foran bancos, este é o primeiro erro. Ademáis adicaronse a investir no ladrillo e esto fixo que se endeudaron ata os límites. A situación tornouse difícil e as entidades necesitarían axuda do goberno para poder continuar o seu negocio e non pechar. Antes habería que ir a unha fusión, unión que se fixo co apoio da administración galega coa idea de crear unha gran caixa que continuase tendo en Galicia a súa sede.
Pero as cousas non continuaron coa folla de ruta que se prevía e a nova entidade tería ao final que convertirse en Banco. Chegamos pois a actualidade cando Novacaixagalicia asume o apelido Banco e camiña ata a súa transformación definitiva, non sen antes deixar o sustantivo caixa polo camiño.
Neste momento os directivos da antigua Caixa saen dos seus despachos con unhas insultantes cantidades de cartos coma recompensa polos servizos prestados. Prexubilacións millonarias (en Euros) que saen de todos nós xa que son cartos cedidos polo goberno de España co fin de que a entidade teña a garantía de seguir co seu negocio sen sobresaltos. Vergonza torera. Un país en crise, máis de douscentos mil parados en Galicia e un puñado de altos cargos dan o “pego” con cartos de todos. O peor é que a administración galega carga as tintas contra a valoración da Caixa por parte do Banco de España. Increíble que para o Presidente Feijóo, este home que pasará a historia coma o gobernante dos recortes sen dar solucións (aínda que como dixen antes os gobernos non teñen moita marxe de maniobra haberá que intentalo, para eso lle pagan), era máis importante a valoración que a saída dos executivos cos millóns de Euros nas súas carteiras. Agora téntase que devolvan parte dos cartos pero pódense atopar co dito de “Santa Rita, Santa Rita, o que se da non se quita”.