Foto: pueblosabandonados.com |
A
verdade é que o título desta reflexión
ten unha similitude cunha película de ciencia ficción. Pero non se enganen,
non é unha película e tampouco ciencia ficción. O que está detrás de este
cinéfilo título, que seguro que podería asinar o mismísimo Stanley Kubrick, é
realidade como a vida mesma.
Segundo
os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), os veciños da provincia de
Ourense desaparecerán, sí, deixarán de
existir, nun prazo de 72 anos. A sangría poboacional da única provincia que non
se asoma á auga salgada en Galicia é unha constante das últimas décadas. A
primeira saída importante de autóctonos coincide coa emigración alén do
Atlántico. Logo acentúase, nos sesenta e principios dos setenta do século
pasado, coa fuxida cara Europa de miles de cidadáns en busca de traballo. Sin
esquecer, por suposto, os que cruzaron as portillas para asentarse en Barcelona, Madrid ou Bilbao.
A
pirámide de poboación da provincia de Ourense é coma a dun piñeiro facendo o
pino (en “román paladino”a xente
maior é a maioría) e os máis de catro mil habitantes que abandonaron o
territorio no 2013 non terán a oportunidade de voltar. Marchan sen un billete
de volta, sen a necesidade de, cando gañen uns cartiños, volten ao seu terruño
a invertilos, foron expulsados.
Expulsados dun territorio con futuro
pero mal xestionado. Mal xestionado por aqueles que teñen unha mirada
cortoplacista, só pensando nos seus miopes éxitos. É como unha película de Fellini rir para
logo chorar, ou era ao revés? En fin, que
os que pensen en deixar herdanza só lles queda unha xeración.
Xavier C. Martiñá