Lisboa antiga e señorial. A capital portuguesa vive e durme cara o Tejo, o río que a introduce no Atlántico e que a sitúa no mundo como ponte cara América. Terra de conquistadores e de fados, de escritores e artistas; Amalia Rodríges cantando a un Pessoa que se desgasta en cada foto que fai o turista diante da “Brasileira”. Terra da Bica (beber isto con açucar), dos eléctricos subindo e baixando costas, da roupa tendida nos balcóns. Eso, e moito máis, é Lisboa.
A praia de Cascáis, o Castelo de Sintra, a Ponte do 25 de Abril, que trocou de nome (antes chámabase Salazar) cando uns militares pacíficos acabaron cunha infame dictadura cun “cravo” na boca. O Castelo de San Jorge nas alturas, dominando a cidade, que en 1755, chorou por máis de corenta mil mortos que deixou un capricho da natureza. Todo, e moito máis, Lisboa.
Lisboa é Bairro Alto e Alfama, Rossío e Belém, a Baixa e Benfica, e como non Chiado, cada un coa súa particularidadede, pero todos coa misma personalidade, a que ofrece Lisboa.
Rúas ateigadas de xentes, Lisboa cosmopolita, Lisboa capital do comercio, de feito a él tenlle adicado unha fermosa praza. Cidade leda e triste, todos os sentí mentos están reflexados. Río e mar.
A lúa chea reflexada nas augas do Tejo, o sol sobre o mirador de Santa Caterina, a Chuvia regando o Parque de Eduardo VII. Todo é Lisboa.
Pódese comprender que con Lisboa teño algo especial, é certo, Lisboa é unha das cidedes onde a min me gusta perderme e disfrutar de toda a súa vibrante vida diaria.
Parece que este pequeno artigo está pagado por “turismo de Lisboa”, pero non é así; e que fai pouco estiven alí, e xa estou pensando, como decía a canción, en “volver, volver, volver..”.
Xavi C. Martiñá